Selecciona o teu idioma
Realizamos pezas á medida das túas necesidades
Traballamos en aluminio, ferro e inox
En Brunos Cerrajería traballamos a diario para ofrecer aos nosos clientes un servizo integral dentro do sector da carpintería metálica en Pontevedra. É por iso que que contamos con profesionais con moitos anos de experiencia e a maquinaria máis innovadora para realizar todos aqueles traballos que nos soliciten os nosos clientes.
Así, entre as pezas que deseñamos, fabricamos e instalamos podemos destacar os pasamanos, as portas, os portais, os enreixados, os peches metálicos... Ademais, especializámonos en realizar traballos de curvados metálicos, o que nos permite, por exemplo, darlle a forma que queres ao teu novo balcón ou varanda.
A calidade dos nosos produtos combinado coa durabilidade de todos os traballos que realizamos convertéronnos nunha das carpinterías metálicas en Pontevedra de referencia.
Estás interesado en cambiar a porta da túa vivenda? Gustaríache contar cunhas xanelas novas de aluminio? Queres un peche metálico? Só tes que poñerche en contacto connosco e ofrecerémosche un orzamento á túa medida!
Dentro de todos os materiais cos que traballamos como carpintería metálica destacamos aqueles de aceiro inoxidable. Cada vez son máis as persoas que deciden, por exemplo, instalar pezas de inox tendo en conta as moitas vantaxes que ofrece.
A técnica do curvado de perfís é necesaria para fabricar pezas que despois formarán parte dunha varanda, dun balcón ou dun pasamanos. Ofrecemos este servizo tanto a clientes particulares como a empresas, independentemente da súa actividade.
Se estás a buscar unha carpintería metálica en Sanxenxo ou en Pontevedra que che poida ofrecer a maior calidade ao mellor prezo non dubides en poñerche en contacto co noso equipo de profesionais. Pide o teu orzamento a medida sen compromiso!
Todos os traballos que realizamos na nosa carpintería metálica son personalizados. Isto significa que creamos pezas únicas que se adaptan unicamente ás necesidades, esixencias e gustos dos nosos clientes.
Saber máis Ver traballos
A pesar de que nos especializamos en realizar traballos en aceiro inoxidable, na nosa carpintería tamén traballamos con outros materiais como poden ser o ferro ou o aluminio.
Dependendo das necesidades e o resultado que busca o noso cliente asesorarémoslle para atopar a solución que máis se axusta ao obxectivo.
Grazas á maquinaria coa que contamos e á traxectoria da nosa carpintería metálica podemos deseñar e fabricar aquela peza precisa que necesitas. Somos carpinteiros minuciosos e atendemos aos pequenos detalles polo que garantimos o resultado, calidade, durabilidade e estética de cada peza metálica que realizamos.
Contamos con profesionais con moitos anos de experiencia no sector polo que podemos garantir o resultado de todos os traballos metálicos que realizamos.
Unicamente traballamos con materiais de primeira calidade xa que queremos ofrecer a nosa clientela pezas metálicas duradeiras, estéticas e funcionais.
Incluímos no taller da nosa carpintería metálica a maquinaria máis innovadora do sector para poder realizar todos os traballos que nos soliciten.
Grazas á longa traxectoria no sector e aos moitos clientes que confían en nós ofrecemos aos nosos clientes a mellor relación calidade/prezo.
Facebook
Se necesitas cambiar as xanelas da túa vivenda, queres instalar unha nova varanda ou che gustaría contar cunha porta de deseño na túa casa, non dubides en poñerche en contacto co equipo de Brunos Cerrajería. Nós asesorarémosche e, ademais, encargarémonos de realizar o deseño da túa nova peza metálica para que unicamente teñas que preocuparche de estreala.
Pide o teu orzamento!
Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.